Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG propón duplicar as prazas de aparcamento no centro Urbano de Arcade

bng aparcamento

O candidato nacionalistas, Manu Lourenzo tamén propón que nos aparcamentos haxa a disposición da veciñanza carriños da compra como acontece nos centros comerciais.
O BNG de Soutomaior vén de propoñer unha actuación para duplicar o número de prazas de aparcamento no centro de Arcade para favorecer o comercio local. Unha actuación que permitiría ao concello contar con novos espazos de aparcamento acondicionados e integrados na contorna, para recuperar un centro urbano dinámico. Lamentan que o centro de Arcade “que sempre foi un espazo vivo e dinámico, hoxe é tan só caos de tráfico e deterioro das beirarrúas”. Os escasos aparcamentos públicos que hai para a veciñanza están nun estado lamentable e provocan que cada vez menos xente se achegue.
A este respecto, Lourenzo sinalou que “se trata dunha medida imprescindible para que o concello avance. Unha actuación que permita duplicar as prazas de aparcamento que temos hoxe no centro de Arcade, e poñer beirarrúas decentes e accesibles para que o centro urbano e comercial volverá a ser o espazo próspero e dinámico que nunca debeu deixar de ser”.
O portavoz do BNG indicou que ademais desta medida, propoñen poñer a disposición dos comerciantes e da veciñanza, carros do supermercado, “como hai nos centros comerciais pero en Arcade estarían no aparcamento público para que a xente poida empregalos no comercio local. Trátase de que o centro de Arcade sexa un centro comercial aberto e dinámico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará