Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes recupera o Peto de Ánimas da Ponte de Esteiro

peto orixinal 2

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy inaugurou o sábado a reposición do Cruceiro e o Peto de Ánimas da Ponte do Esteiro na parroquia de Cesantes. O novo cruceiro e a reparación do pedestal foi realizado polo canteiro Juan Vázquez.

Deste elemento patrimonial somentes se conservaba o seu pedestal, no que está esculpido un retablo con tres ánimas en actitude orante, así coma o seu peto. Un elemento que estivo en perigo de desaparecer debido ao paso do tempo e as sucesivas capas de asfalto que se foran botando na estrada.

Un acto celebrado na tarde do sábado que contou coas intervencións do presidente do obradoiro, José Antonio Martínez así como polo seu predecesor no cargo, Manuel Nieto, quen agradeceron a asistencia do público e implicación da concelleira de Facenda e Patrimonio polo seu compromiso na reposición desta figura.

Un acto que estivo amenizado pola música a cargo do grupo Airiños de San Simón, do C.C.D. de Cesantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará