Os axentes que acudiron ao lugar localizaron as dúas partes implicadas na discusión, observando que un deles portaba un arma de fogo, polo que foi detido acusado dun delito de ameazas graves.
Os feitos tiñan lugar ás doce do mediodía de hoxe luns cando un home de 38 anos presentouse nun local do Viso para reclamarlle a outro que lle abonara uns cartos por un traballo que lle realizara. Unha vez alí, o detido, un home de 65 anos, negouse a facer o pago sacando un arma coa que ameazou ao reclamante quen alertou ao 112 do que estaba a acontecer.
Inmediatamente axentes da Policía Local e Policía Nacional desprazáronse ata o lugar e procedeuse a identificar o varón que presentaba a arma agochada, sendo detido acusado dun delito por ameazas graves con arme de fogo e procedendo ao seu traslado a comisaría.
Detida unha condutora
Non foi este o único suceso dos últimos días, xa que na madrugada do sábado unha patrulla da policía local detivo unha muller que conducía baixo os efectos do alcohol provocando un accidente de tráfico e dándose despois a fuga. Os feitos aconteceron a´s 5:00 horas da madrugada e unha vez interceptada comprobouse que a muller superaba os niveis de alcohol ao volante, deixando un resultado positivo de 1,02 e 0,90 de alcohol en sangue, case catro veces superior ao máximo permitido polo que se lle acusa dun delito contra a seguridade vial.