Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG compromete en Chapela un novo edificio sociocomunitario e a prolongación da senda verde

bng

O candidato nacionalista, Xoán Carlos Gónzalez estivo arroupado polo deputado no Congreso Nestor Rego así como polo resto dos membros da súa lista, nun acto desenvolvido no Multiúso do Piñeiral e no que anunciou “investimentos contando coa veciñanza” destacando entre eles o seu compromiso para prolongar a senda verde, un novo edificio sociocomunitario, humanizar espazos urbanos así como a tan demandada escola infantil para a parroquia.

Sinalou o candidato do BNG que Redondela non pode estar pendente todos os días dos problemas que existen no seo do goberno, en alusión aos gobernos de Digna Rivas. “Dende a alcaldía construirei un novo goberno cohesionado, coordinado, que planifique a súa actividade contando coa veciñanza”.

Sinalou a difícil situación na que se atopa Chapela, pola súa dificultade orográfica cruzada por numerosas infraestruturas. “Imos reverter as dificultades en oportunidades, dotando á parroquia de novos espazos humanizados, para que a xente poida dispoñer de contornas seguras de esparexemento e convivencia”. Sinalou a obriga de seguir traballando para ampliar a Senda Verde no vindeiro mandato, “como un elemento vertebrador do territorio”. Tamén sinalou a necesidade de canalizar o tráfico rodado liberalizando a Autoestrada, “reducindo o tráfico rodado da avenida de Vigo e a de Redondela, co obxectivo de convertelos en espazos máis seguros”. Salientoun a necesidade de recuperar o entorno de Arealonga como un dos pulmóns da parroquia. “Demos xa o primeiro paso ao rexeitar no pleno unha urbanización que pechaba a praia, e os tribunais déronlle a razón aos veciños e veciñas que tiveron que denunciar”, afirmou.

Sinalou tamén a necesidade de traballar para a construción dunha Escola Infantil de 0 a 3 anos e dun novo centro sociocomunitario.

No encontro intervíu tamén o deputado no Congreso, Néstor Rego destacando a necesidade de darlle un novo rumbo á política municipal. “Cómpre incorporar Redondela aos concellos gobernados polo BNG porque sabemos desenvolver políticas pensadas para as persoas”, destacou. Puxo en valor o traballo realizado no Congreso, a través de iniciativas presentadas por Redondela, como as alegacións ás obras de reposición ou pantallas acústicas da Autoestrada. Tamén iniciativas vinculadas a Aucosa, tren de Proximidade, “presentando máis iniciativas relacionadas con este concello que outros só pensaron no seu protagonismo en Madrid”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará