Os feitos producíronse na madrugada de hoxe e o detido, un varón de 52 anos de idade, foi trasladado a comisaría da Policía Nacional. Na tarde de onte procedeuse tamén á detención dun ciclista por agredir aos axentes da Policía Local que o auxiliaron tras sufrir un accidente.
Axentes da Policía Local e Nacional procederon na madrugada deste mércores a deter un veciño de Chapela por un presunto delito de malos tratos tras ter unha discusión coa súa parella en presenza da filla menor. Os axentes desprazáronse ao lugar tras recibir unha chamada do 112 ás 2:20 da madrugada. Entrevistados con cada unha das partes e logo de comprobar as lesións que presentaba a vítima, procederon a detención do varón, de 52 anos de idade e xa coñecido polos axentes, e ao seu traslado a comisaría.
Ciclista ebrio
Non foi esta a única detención das últimas horas, xa que na tarde de onte tamén foi detido un veciño de Mos por agredir aos axentes que policía local que o auxiliaban. Os feitos producíanse aos redor das 18:30 horas cando os axentes asistían a un accidente consistente nunha saída de vía por parte dun varón que ía en bicicleta. A súa chegada o accidentado estaba sendo atendido e presentaba evidentes signos de atoparse baxo o efecto do alcohol, procedendo a realizárselle as probas correspondentes dando un resultado positivo de 1,07mg/l.
Posteriormente, cando se ían a realizar as seguintes probas, o home encarouse cos axentes e golpeou a un deles, procedendo a súa detención e posterior traslado a comisaría da Policía Nacional.