O Festival internacional de Títeres de Redondela encara esta fin de semana a súa recta final cunha intesna programación de rúa con compañías chegadas de Madrid, Cataluña, Castela a Mancha, Portugal, Brasil e, como non, Galicia. Espectáculos itinerantes e actuacións nos nove espazos habilitados nas rúas e prazas da vila que confían repetir o éxito do pasado mércores, onde foron milleiros as persoas que gozaron dunha intensa e solleira xornada de títeres.
Con todo, hai tamén programación de sala centrada no público adulto. Hoxe ás 20:00 horas actuará no Multiúsos Philip Huber co seu espectáculo “Animación suspendida”, un espectáculo musical de variedades con marionetas de fío que chega dende os Estados Unidos e que é un dos pratos fortes deste programa. De feito, explicaba o director do festival, Luis Crespo, que está asegurado o cheo na sala. Tan só quedan algunhas entradas que se porán a venda ás 18:00 horas, cando se abra a billeteira.
Sábado e domingo dobre función para Ymedioteatro que actuará mañá ás 21:00 horas e o domingo ás 19:00 co obra “Eco, unha obra de títeres, clown e traballo xestual para crear un espectáculo cómico que fala da poesía que nos ata á vida.
Tamén en sala poderá verse o sábado as 17:00 horas a obra Nube, Nube con Periferia teatro orientada a público familiar.