Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pakonstein anima a ruada matinal no día grande do Festival Internacional de Títeres

pakonsteia

Os máis madrugadores non quixeron perder na mañá de hoxe a ruada “mortos de risa” que o festival recuperou logo dos anos de restricións pola pandemia. Cun baile animado dende o balcón do Concello e acompañados da música de “The turre’s band” os participantes marcáronse un baile ao ritmo da banda sonora de “Miércores”.

Arranca así a última xornada dun festival que na xornada de onte volveu congregar milleiros de persoas no centros da vila que ateigaron os nove escenarios repartidos por todo o casco urbano. Unha intensa programación de títeres e actividades itinerantes que se repetirá esta tarde a partir das cinco, hora na que está previsto que abra a instalación Los títeres de Galiot teatre na pista da Xunqueira mentres na Alameda actúan os brasileiros de Mosaico Cultural.

Ao longo de toda a xornada haberá actuacións no Palco da música, no Campo da petanca, na Praza de Ponteareas, na Casa da Torre, no Salgueiral, na Alameda, nos soportais do Concello e actuacións itinerantes na súa Alfonso XII e Ribeira.

O peche será tamén na rúa a partir das 20:30 horas na rúa Ribeira e Praza do Concello.

No Multiúsos Ymedioteatro será a compañía encargada de pechar a programación de sala con “EcO” ás 19:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará