A Asociación de Empresarios de Redondela volve organizar unha xornada para dar a coñecer os atractivos turísticos de Redondela, de novo acompañados por Soledad Chayán, guía oficial de turismo e xestora da marca Mellor con Guía. Nesta ocasión, reúne por segunda vez ós profesionais do sector do turismo de Redondela para descubrir a historia da illa de San Simón, declarada Ben de Interese Cultural.
Despois de percorrer o centro histórico da vila, sen deixar atrás o cemiterio dos Eidos (recentemente votado coma o máis bonito de España), nesta ocasión embarcan para coñecer máis en profundidade a historia destas pequenas illas agochadas no corazón da enseada de San Simón e que son, sen lugar a dúbidas, un dos puntos máis visitados do concello de Redondela.
Durante dúas horas, estes profesionais do sector turístico descubriron os distintos usos deste espazo ó longo dos séculos.