Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior propón crear o consello de comunidades de montes para facilitar a loita contra o lume

montes

Os nacionalistas entenden que nun concello cuxa superficie é nun 80% superficie forestal xestionada por máis dunha ducia de Comunidades de Montes urxe a creación dun Consello no que estean presentes estas entidades veciñais. Manu Lourenzo sinalou que se trata dunha medida consensuada coas comunidades e que ten como obxectivo compartir proxectos, medidas e experiencias que son comúns a todas elas e que pretende dinamizar e facilitar a xestión do monte de Soutomaior.

Engade que establecer unha canle de comunicación permanente entre o Concello e as Comunidaades facilitará a comunicación fluída tanto para despregar iniciativas como para ser capaces reaccionar de xeito rápido ante imprevistos que poidan vir derivados de lumes ou outras catástrofes naturais.

O candidato a Alcaldía polo BNG sinalou que “non se entende que despois de 28 anos de goberno e sendo Soutomaior un concello de alto risco de incendios, nin sequera exista un organismo estable no que se poidan sentar todas as comunidades co goberno local”.

Entende os nacionalistas que é unha obviedade que este órgano debe existir para “entre todas e todos levar adiante medidas contra o lume e tamén para facilitar trámites administrativos ás comunidades de cara a acadar axudas, xestionar recursos, etc”.

Manu Lourenzo sinalou que en Soutomaior temos un monte con moitísimo valor, “hai escasos días estivemos cuns veciños que está abrindo rutas pola beira do Verdugo e temos elementos únicos como a calzada real, muíños, petróglifos. O monte é un recurso que debemos poñer en valor e a existencia precisamente de monte ó arredor da maior parte dos núcleos de poboación do Concello, fan mais necesaria a colaboración entre as diferentes Comunidades e o goberno para propoñer e manter  por exemplo, zonas ou faixas de protección contra os lumes que ao mesmo tempo sirvan de zonas recreativas ou de esparexemento”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará