O Pazos FS non logrou conseguir o ascenso a Segunda B ao perder a final galega do Playoff contra o Stellae FS no pavillón de Santa Isabel de Santiago de Compostela. Os de pazos foron derrotados cun resultado de 4–1 diante de máis de 300 afeccionados do club vermello que se achegaron a cidade compostelá para animar de principio a fin ao seu equipo.
A sociedade Deportiva Pazos de Borbén FS definía a final do sábado no Pavillón de Santa Isabel como “un partido Vibrante, onde os dous equipos viciáronse e fixeron desfrutar a numerosa afección que se achegou ao Pavillón compostelán”.
A Primeira parte foi de dominio alterno , onde os dous equipos tiveron numerosas ocasións de gol e de achegarse a portería, sen embargo ambos os porteiros dos dous equipos, Lolo e Brais, fixeron unha primeira parte moi boa detendo todos os intentos de gol. A falta de 25 segundos de rematar a primeira parte o Stellae FS conseguía marcar deixando o marcador a 1-0 xusto antes do descanso.
No inicio da segunda metade , os de Padrón aproveitaron para marcar e facer o 2-0 que parecía definitivo. Nesta metade Mario Paz conseguía marcar un gol e alcanzar o 2-1 que levantando a moral do equipo de Pazos, sen embargo isto non foi suficiente para remontar.
Apostaron polo xogo de cinco , que a piques estivo de concederlles o empate en dúas ocasións, pero non puido ser, e a falta de 25 segundos chegaba o terceiro gol amarelo a portaría valeira que acababa co soño de ascenso do Pazos FS.