Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela pon en valor os ríos da parroquia

ruta fondón

A Asociación de Veciños organiza esta fin de semana dúas actividades que buscan protexer, recuperar e dar a coñecer os cursos fluviais que percorrer a parroquia. Así, o sábado terá lugar unha xornada de limpeza do Río Maceiras e o domingo celebran a XVIII edición dunha actividade que busca poñer en valor a riqueza paisaxísticas e natural do río Fondón.

A ruta polo río Fondón terá lugar o domingo 4 de xuño con saída ás 10: 00 horas dende o local da asociación de veciños no Camiño da Oliveira. Os participantes percorrerán as marxees do río dende o Camiño da Fraga ata o nacemento do río Fondón achegándose así aos muíños, pontes, fervenzas así como a fauna e flora existente nesta contorna das parroquias de Chapela e Trasmañó.

Como tódolos anos o remate da marcha, sobre as 14 horas, haberá un xantar popular nas mesas da área de descanso da “Chan da Lagoa”. Cada persoa levará o seu propio xantar e organizaranse coches que se encargarán de subir a comida ata o lugar. Máis información no teléfono 649376094.

Limpeza do Maceiras

Na mañá do sábado a Asociación, en colaboración con Libera, Seo Birdlife e Ecoembes organizan unha xornada de limpeza de residuos no río Maceiras. Fan un chamamento a todas as persoas interesadas en colaborar a achegarse a antiga estación de Chapela ás 10:00 horas, dende onde partirán en dirección ao río para realizar esta limpeza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará