Unhas dúas mil persoas pasarán na xornada de hoxe pola área recreativa da praia da punta para gozar dos concertos de Francisco, el Hombre, Trikosis, Bia Ferreira, Zeltia Irevire, Chekan, Treinteañeras cañeras, Superoito, Jay-Roon & The Smooking Machines, Peter Punk, Trópico de Grelos y Brigada Sound.
Unha xornada a de hoxe que arranca ás 11:00 horas cunha actividade medioambiental en colaboración co colectivo Artelixo para realizar unha pequena limpeza do areal e no que pode participar toda aquel que o desexe. A continuación haberá sesión vermú ás doce do mediodía coa música do grupo Zeltia Irevire.
Xa pola tarde celebraranse actividades orientadas ao público familiar entre as que se inclúen obradoiros de cometas a cargo da Asociación Artelixo (17:00 horas) e un Obradoiro de chapas coa Asociación Feminista Paxaretas (18:00 horas). A continuación haberá animación de rúa con “Peter Punk”.
Un intenso programa que porá punto e final a un festival que celebra este ano a súa XVI edición e que arrancaba o pasado xoves cunha programación que busca dar cabida a todos os estilos musicais.