A Agrupación de Electores confirmaba estes días a súa decisión de apoiar a investidura da Digna Rivas así como entrar a formar parte do goberno asumindo as responsabilidades da concellería de Infraestruturas e sustentabilidade. Unha decisión que queren explican aos seus votantes e a toda a cidadanía de Redondela. Por este motivo convocan unha asemblea aberta que se vai desenvolver este mércores 14 ás 20:00 horas.
Á espera de que PSOE e AER formalicen por escrito un acordo ao que chegaban o pasado venres, a Agrupación de Electores convoca esta xuntanza que se poderá seguir en directo no Multiúsos pero tamén será retransmitida a través do facebook da formación asemblearia.