Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cortes no subministro eléctrico os días 13 e 16 de xuño

cortes

A empresa Naturgy e o Concello informan de posibles cortes no subministro en diferentes puntos do municipio tanto este martes 13 como o venres 16 por mor dos traballos de mantemento e mellora da rede eléctrica precisos para manter en boas condicións o servizo. Os cortes están previstos para os días 13 e 16  en horario de 8:00 a 10:00 e de 11:00 a 13:00 horas, intervalos nos que se deixarán sen servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na electricidade.

Concretamente os cortes poderían afectar ao barrio de Igrexa en Chapela, San Fausto, Cidadelle e Parada. En Redondela as zonas afectadas serán os camiños Barracrista, Valeiro, Gaio, Parrulo, Parada, Pe do pandeiro, Camiño Traída, Yañez e subida a Madroa. O corte podería afectar tamén ao barrio de Santo Paio de Abaixo segundo información facilitada pro Naturgy.

As persoas que precisen de máis información poden ponerse en contacto coa empresa no teléfono 900 333 999.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará