Foto: Anecdotario Redondelán. Juan Migueles
Dentro do proxecto “As mulleres do textil” emitimos dende a Radio Municipal unha serie de catro podcast que serven para contextualizar o nacemento da que sería a industria más importante de Redondela: Regojo.
Unha empresa que forma parte da nosa historia e que marcou particularmente a todas aquelas mulleres que traballaron nela. A primeira entrega busca dar resposta a unha pregunta ben concreta “ Como chegou a levantarse a fábrica de Regojo?”