Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Triunfo compartido para Ponce e Saezmiera na batalla de Rande

batalla rande

Andrea de la Hera foi a gañadora na categoría feminina tras superar a distancia que separa as Illas Cíes de San Simón en 6 horas e 48 minutos, dezaoito minutos máis que os seus compañeiros masculinos.

Unha travesía especialmente dura a vivida o sábado na ría de Vigo cun total de 19 abandonos e con tempos moi afastados de récords anteriores debido ao mal tempo. De feito foron moitos os nadadores que incluso estiveron máis de nove horas nadando para poder superar a distancia da Travesía. Daniel Ponce, Eneko Saezmiera e Andrea de la Hera foron os que mellor resistiron un escenario marcado polas ondas, o vento e un mar duro. Os dous primeiros decidiron chegar xuntos á meta e asinar así un triunfo compartido.

Saezmiera e Ponce asinaron un crono de 06.30:57, chegaron xuntos e compartiron o título de gañadores da undécima edición da travesía a nado Batalla de Rnade en categoría masculina. A terceira posición foi para Iker Chamorro cun rexistro de 6.40:01.

Andrea de La Hera estivo a piques de abandonar pero finalmente foi quen de facerse co triunfo en categoría feminina cun crono de 06.48:00, revalidando o título do ano pasado. En segunda posición chegou Patricia Agüera cun rexistro de 7.26:19 e a terceira posición foi para Cristina Vallespi.

Iskander Sagaminaga, cun crono de 7.29:16, foi o mellor clasificado na categoría sen neopreno. Na  categoría feminina sen neopreno Tita Llorens foi a primeira cun rexistro de 8.39:08.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará