A Concellería de Novas Tecnoloxías oferta cursos de balde en xullo e agosto para a rapazada de entre 7 e 12 anos de idade nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela. Nas clases os nenos e nenas distribuídos en grupos de idade, desenvolverán actividades didácticas co sistema Linux e con internet
Os participantes dividiranse por grupos de idade –de 7 a 9 anos, e de 10 a 12 anos– ofertando a aula de Redondela un total de 16 prazas por curso e a de Chapela 12 prazas. En ámbolos dous casos as prazas serán asignadas por estrita orde de inscrición, sendo o prazo do 15 ao 28 de xullo. No caso de quedaren vacantes para os grupos de agosto, admitiranse matrículas para eses grupos ata o 20 de xullo.
A rapazada de 7 a 9 anos aprenderá a través de xogos didácticos co ordenador e achegaráselles nocións básicas de Internet. No caso do mozos e mozas de 10 a 12 anos os contidos serán máis avanzados con tareas de ofimática (proceasador de textos, follas de cálculo, presentacións multimedia), sistemas operativos, navegación por internet e Editor de fotografías (Photofancy)
As instancias para participar nos cursos, con matrícula aberta dende o mércores 15 de xuño, pódense recoller na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.
As formacións impartiranse en Redondela os luns e mércores e en chapela os martes e xoves.