Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

José Tizón, novo adestrador do CD Choco

choco tizón

Veciño de Chapela, o que fora adestrador de equipos como o Val Miñor, categorías inferiores do RC Celta, Boiro, Alondras e o Atios, onde militou ata a pasada campaña, ficha polo Choco para “poñer ao club onde se merece” e “redondelanizar” ao equipo tras o seu descenso a Preferente.

O CD Choco ven de facer oficial a contratación de José Tizón como técnico do equipo Sénior que esta tempada competirá na categoría de Preferente. O novo adestrador ten ADN choqueiro xa que é de Chapela e a súa intención é poñerse xa a traballar na configuración do equipo para pechar o cadro de xogadores nas próximas semanas de cara a preparar a pretempada.

Nos vindeiros días traballarán na renovación dos xogadores actuais “Imos intentar que o núcleo duro quede, malia que sabemos que será complexo reter algúns dos xogadores importantes”. Os que finalmente renoven serán a base do equipo e “logo daremos opcións á xente de Redondela que realmente poida voltar ao club ou ben a xogadores da base que o merezan, nun intento de ‘redondelanizar’ ao equipo. O último paso será fichar xogadores da categoría.

O novo adestrador choqueiro ten a completa confianza da directiva que “non se vai meter no terreo deportivo aínda que sí lle demos nomes de xogadores de Redondela que nos gustaría que voltasen ao club, pero será a súa decisión”, explicou a presidenta do Choco, Virginia Ricón engadindo que “Tizón conta con toda a nosa confianza para que sexa él quen configure o equipo de Preferente. Será él quen agora se sente con os xogadores para iniciar as renovacións, él será quen decida o seu equipo”.

Un novo adestrador para unha nova categoría, a Preferente, na que facía dez anos que o CD Choco non competía. Unha categoría que Tizón coñece e na que ten experiencia por iso advirte sobre a dificultade da mesma “é unha categoría moi complexa; de feito cada tempada hai 14-15 equipos moi bos que no inicio parten cunhas expectativas e terminan por descender ou chegar as derradeiras xornadas loitando para evitalo”. Aínda así nin Tizón nin Ricón falan de obxectivos. O adestrador nos asegura que “o obxectivo é facelo o mellor equipo posible, competir o mellor posible, e a onde nos leve a competición.

Jose Tizón mostrábase moi ilusionado ante este novo reto que se lle ofrece. E aínda que recoñece “sorpendeume a chamada da Presidenta”, asegura que “estou encantado de estar neste club”, de aí as ganas que ten de “comezar a traballar e poñer ao club onde se merece”. Un lugar que a propia competición revelará a final do novo curso ligueiro. Mais quedan meses por diante de moito traballo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará