Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar entre os hostaleiros por unha barra no recinto das festas da Coca

carpa

A carpa instalada no campo da feira, lugar no que se desenvolveron diferentes concertos e verbenas durante as recentes festas da Coca, albergaba tamén unha barra de venda de alcohol e outros produtos ao público asistente. Os hostaleiros locais amosan a súa perplexidade porque este servizo fora explotado por unha empresa de fóra de Redondela e piden explicacións sobre como foi o procedemento de adxudicación.

“Cinco días de verbena cunha barra no recinto cuberto deixa aos hostaleiros descontentos sobre a xestión municipal do evento” así o denuncian a través dun comunicado no que engaden que “non é a mellor maneira de facer as cousas adxudicar a explotación dunha barra de venda de alcohol nun espazo público a unha empresa foránea cando eles están todo o ano pagando os impostos en Redondela”

Conclúen afirmando que “as Festas da Coca son as festas grandes da vila e son organizadas polo Concello polo que se presupón que os procedementos han de atender á transparencia propia de calquera administración pública”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará