Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

BNG e PSOE acadan un acordo de investidura que garante a reedición dun goberno de esquerdas en Redondela

bng psoe

O acordo, que se suma ao perviamente acadado entre PSOE e AER, responde aos resultados electorais “nos que as tres forzas de progreso superaron en mil trescentos votos ao Partido Popular” e ratificarase na tarde do venres coa sinatura do documento por parte de Digna Rivas e Xoán Carlos González. O pacto inclúe un total de 15 puntos entre os que o BNG destaca o compromiso en cuestións relacionadas coa mellora do “funcionamento do goberno e da corporación, dotar de maior axilidade os plenos e a mellora en transparencia do Concello” 

Recóllese tamén a necesidade de “realizar un estudo das necesidades laborais en Redondela, en coordinación con sectores afectados -pequeno comercio, asociación de empresarios, confraría, sector da artesanía- para trazar unha liña de actuación conxunta así como formar en igualdade a todas as persoas que traballen para o concello”.

O BNG valora moi positivamente o traballo realizado polas comisión negociadoras de ambos so dous partidos “unhas negociacións marcadas pola discrecións necesaria para non contaminar o proceso” e que deu como resultado un acordo de investidura que serve “para impor a vontade popular maioritariamente expresada nas urnas o pasado 28 de maio, segundo a cal tres forzas de “progreso” superaron en mil trescentos votos á dereita do Partido Popular. Non existe ningunha dúbida de que se impón a lóxica electoral”.

Malia seguir sen desvelar se entrarán ou non no goberno, o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, recorda que a candidatura que encabezou foi a que máis medrou en Redondela, sumando 1.200 votos, e duplicando en porcentaxe ata chegar ao dezaseis por cen o que os converte “nunha forza determinante na política local nos vindeiros catro anos” do mesmo xeito que “o apoio dos nosos tres concelleiros, convértese en fundamental para que a candidata do PSOE sexa investida alcaldesa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará