O sábado 10 de xuño foi a final da Copa Galicia Billar 3 Bandas na que o C.C.R. Billar Chapela-Rodavigo proclamouse campión conseguindo desmarcar do podio ao club vigués Billaristas Errantes, campión durante os últimos 7 anos.
O equipo que representou a Chapela na final estaba composto por Adrián Davila, Jorge Hermida, Javier Pérez e Rogelio Fortes. Enfrontáronse ao Billar SD Lalín na última xornada conseguindo desprazar do podio aos Billaristas Errantes gracias á suma da súa puntuación final. Quedaron empatados a 30 puntos cos de Vigo pero valeulles coa diferencia de parciais ao seu favor para quedar campións.
O club de Billar de Chapela leva participando en campionatos galegos e estatais dende os anos 80. Varios xogadores do club ocuparon o primeiro posto na clasificación autonómica en distintas ocasións e levan gañando o campionato provincial na modalidade de tres bandas desde o ano 2003 ata a data, de forma continuada. Javier Pérez, delegado do club, sinala que o que fai diferente a súa agrupación é a participación igualitaria de tódolos xogadores durante cada partida.
O último gran éxito do billar chapelano foi o ascenso, por primeira vez, á liga Nacional de Primeira División durante a tempada 2020/2021, ao quedar como campións imbatidos no seu grupo de Liga Nacional de Segunda División. Durante o seu transcurso na categoría máis alta alcanzaron o posto 14 entre 16 equipos participantes, pero pola reestruturación realizada pola Federación Española víronse obrigados a a volver a Segunda División, onde se atopan nestes momentos con moi bos resultados.
Todo isto supuxo un gran esforzo persoal dos xogadores polos desprazamentos nas fins de semana e económico por parte da sociedade CCR Chapela. Dende o club de billar agradecen o seu esforzo pos “sen Rodavigo como patrocinador ou o apoio dos socios sería imposible conseguir estes logros”.
Animan á xente a probar este deporte que consideran “descoñecido” e sinalan a importancia de que se involucren mulleres, pois non contan con ningunha nestes momentos dentro do club. A presenza feminina soe ser escasa e compiten na súa propia Liga tanto a nivel estatal como galego.
Aínda que rematou a tempada continúan participando en torneos por Galicia. O próximo xoves 15 de xuño ás 19:00h da tarde xoga Rogelio Fortes no Campionato de Chantada a nivel particular enfrontándose a Manuel Suárez de C. Artesanos.