A Fundación Formavigo en colaboración coa Concellaría de Servizos Socias e Maiores do Concello de Redondela vén de rematar a actividade formativa “Persoas maiores activas”, programa que se desenvolveu ao longo de 4 meses e no que se realizaron os cursos de Competencias Dixitais e de Competencias en Habilidades Cognitivas.
Foron un total de 23 cursos repartidos por un total de 14 Centros Culturais, asociacións de veciños, aula Cémit e Multiúsos de toda a bisbarra. No curso de Competencias Dixitais, remataron 101 persoas que traballaron o uso do Smartphone, o emprego da cámara de fotos e galería, o uso play store e o whatsapp, e aplicacións como a liña verde do Concello de Redondela.
Para algunhas persoas era novo o uso destes móbiles e para outras persoas “se lles quitou o medo a empregar as aplicacións que alí tiñan no móbil”.
No curso “Habilidades cognitivas” no que participaron 146 persoas traballaron o autocoñecemento e autoestima, a memoria, o cálculo e a atención. Na que todas valoraron ao final do curso que melloraron a lóxica, a comprensión lectora, a escritura e as súas relacións sociais. Se sentiron máis activas e áxiles de mente.
A Fundación leva 2 anos desenvolvendo este tipo de actividades no Concello de Redondela no que conta coa financiación da Xunta de Galicia a través do Programa Vida Compartida dentro dos fondos do 0,7 % do IRPF adicado a programas sociais.
Asemade sigue a actividade no Centro Sociocomunitario da Xunqueira “Mantén Activa a túa Mente” para persoas maiores de 65 anos. Onde contamos co punto de información “Tecendo redes”, aberto tódolos luns de 9:00-14:00 no que se pode solicitar información.