Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O  II Campus de Verán do Arealonga FS aposta polo deporte e os hábitos saudables

55545297_2319944434928902_785743440506781696_n

O Campamento de Verán de Fútbol Sala do club Arealonga, para nenos e nenas entre 5 e 13 anos, celebrarase en dúas quendas, unha do 17 ao 21 de xullo e outra do 24 ao 28 de xullo. O obxectivo é facilitar a conciliación familiar na época de vacacións escolares polo que o horario será de mañá, de 9:00h a 14:00h no Pavillón Municipal de Chapela.

Dende a directiva explican que con esta iniciativa queren ofrecer aos nenos a oportunidade de participar nunha variedade de actividades deportivas e recreativas, potenciar a actividade física e o desenvolvemento das habilidades deportivas, así como potenciar o traballo en equipo e a cooperación.

Para o club tamén é importante mellorar a autoconfianza e a autoestima dos nenos e nenas estimulando o interese polo deporte e a actividade física e axudándolles a manter un estilo de vida saudable. Todo isto realizado baixo a supervisión e dirección de monitores titulados.

As prazas son limitadas e dende o club insisten en que quedan poucas libres, poñen a disposición do publico o numero de contacto 662111339.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará