Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protesta en Chapela contra a eliminación de ciclos de FP no Instituto da parroquia

SONY DSC

O IES de Chapela convoca a toda a comunidade educativa a unha concentración hoxe venres 16 de xuño ás 11:30 horas no centro en protesta “ante a decisión unilateral da Consellería de Educación de modificar a oferta de ciclos de FP para o vindeiro curso 2023/24”. Unha nova oferta que, segundo denuncian dende o centro, suprime os ciclos superiores de Dietética e Educación Infantil do réxime de persoas adultas na modalidade presencial para implantalos a distancia, impedindo que moito alumnado matriculado o presente curso poida continuar os seus estudos de forma presencial nun centro público. Desde o centro non entenden este cambio, xa que os ciclos presenciais contaban cunha gran demanda ano tras ano e o IES de Chapela era o centro público de referencia na comarca onde poder cursalos.

Unha reducción na oferta educativa que non é un feito exclusivo do IES de Chapela “este cambio repentino na oferta de FP afecta tamén outros moitos outros centros da Comunidade Autónoma de Galicia que están vendo drasticamente modificada a súa oferta de FP, con moitos ciclos suprimidos ou transformados en ensino a distancia. Desde o IES de Chapela, consideran que esta situación é moi grave e supón botar por terra un modelo educativo que apostaba por unha FP pública, presencial e de calidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará