Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela Wofco subcampión da V Bandeira Cidade de Narón

354574290_737042891760331_746883182603186877_n

Foto de MAChremo

Esta fin de Semana celebrouse a V Bandeira Cidade de Narón en augas de Coruña na que participaron 11 embarcacións. A xornada supuxo cambios na clasificación da Liga Galega A de Traiñeiras que curiosamente reflexa un empate nos tres primeiros postos entre Tirán, Ares e Chapela.

A quenda de honra, na que participaron os catro mellores clasificados desta Liga Galega A, rematou nun enfrontamento axustado entre Tirán e Chapela, que entraron na liña de meta no mesmo segundo, distanciados tan só por centésimas. Aínda que Chapela dominou a regata dende o principio, finalmente Tirán apertou o ritmo e conseguiu entrar en primeiro lugar con moi poucas paladas de diferencia.

Sumando os resultados desta regata a clasificación da Liga Galega A queda axustada a un empate a 3 entre Tirán, Ares e Chapela con 21 puntos cada embarcación. Os dous primeiros postos definíronse seguindo os resultados de anteriores xornadas. Chapela queda de terceira clasificada pola diferencia de non ter gañado ningunha bandeira no que vai de Liga.

A Seguinte regata celébrase o sábado 24 de xuño en Meira. Trátase da III Bandeira Illa do Samertolameu na que Chapela volve a saír na quenda de honra xunto con Tirán, Ares e Bueu.

LA REGATA

1. Tirán Pereira 20.04.07

2. Chapela Wofco a 00.67

3. Castropol a 05.02

4. Ares a 10.39

5. Cabo da Cruz a 14.34

6. Bueu Simei a 15.65

7. Rianxo a 28.07

8. Narón a 31.19

9. Mecos a 38.38

1. Cesantes Rodavigo a 59.94

11. Puebla a 1.05.39

LA CLASIFICACIÓN

1. Tirán Pereira 21

2. Ares 21

3. Chapela Wofco 21

4. Bueu Simei 18

5. Castropol 17

6. Rianxo 14

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará