Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES Pedro Floriani convida á veciñanza a coñecer os proxectos educativos do alumando

expo floriani

“ExpoFloriani” é unha feira pedagóxica aberta a toda a comunidade educativa onde será posible achegarse aos proxectos realizados polo o alumnado da ESO e Bacharelato no presente curso. Unha exposición que engloba proxectos de diverso tipo e ámbito que van dende a recuperación e o estudo do medio e as tradicións, así como a contribución na mellora de vida das persoas en risco de exclusión social ou a abordaxe do procesos psico-emocionais e que estará a disposición do público este martes en horario de mañá.

A exposición poderá verse nos stands que se situarán no patio do instituto e recolle os proxectos traballados polo alumnado do centro educativo ao longo do ano. Son resultado da aposta do instituto pola renovación pedagóxica e as novas liñas educativas. O IES conta cun grupo de novas pedagoxías dende hai 5 anos que lle permite que unha parte importante do profesorado estea formado en metodoloxías pedagóxicas e didácticas innovadoras a través das que o alumnado accede a un ensino de calidade baseado no desenvolvemento das competencias básicas.

O instituto entende o centro de ensino como un espazo aberto á comunidade redondelá a través dunha concepción democrática e de calidade do ensino que “sitúa ao alumnado no centro do proceso educativo e basea a súa actuación formativa no desenvolvemento integral do alumnado a través da renovación e a innovación pedagóxicas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará