A biblioteca Xela Arias de Chapela quere festexar cos seus usuarios a chegada do verán e nada mellor que facelo ao aire libre cun espectáculo de narración oral no parque do Piñeiral do Crego o xoves ás 19:00 horas.
O artista encargado do contacontos será o Bardo Abelardo cunha proposta narradora orientada a público familiar na que fala de bosques, natureza e solidariedade. Unha actividade para gozar da natureza e dos contos no Parque do Piñeiral do Crego (en caso de que o tempo non permita facer a actividade no exterior, trasladarémola ao interior do Multiúsos de Chapela).
A actividade conta coa colaboración da Xunta de Galicia, dentro do proxecto Ler Conta Moito.