Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As categorías base e a sénior feminina dan comezo ao XVIII torneo Fútbol Sala de Chapela

92166578_2626170757639600_7763920872405991424_n

A competición celébrase no Pavillón Municipal de Chapela a partir de hoxe, mércores  21 de xuño, e terá unha duración de 5 días ata o 25 deste mes. As categorías convocadas  para esta ronda son Sénior Feminino, Cadete masculino e feminino, Infantil, Alevín, Benxamín, Prebenxamin e Biberón.

Os partidos terán unha duración de 30 minutos para poder xogar os máximos posibles nunha xornada que empeza ás 10:00 horas da mañá e remata ás 22 horas da noite. O coordinador do evento, Iván Vázquez, sinala que “o éxito de participación do torneo permite completará un total de 200 partidos durante os 5 días da primeira ronda” .

O torneo cumpre a súa maioría de idade nesta 18 edición, polo que dende a directiva quixeron invitar a aqueles clubs que levan dende o principio participando na competición e que segundo Vázquez “están consagrados e conseguiron gran prestixio ao longo do tempo”.

Por outra banda, as xornadas dedicadas aos equipos Sénior Masculino e xuvenil comezan o 30 de xuño e aínda está aberto o prazo de inscrición para participar ata o día 26. O custe da inscrición é de 150 euros, con 20 euros de fianza máis o seguro deportivo correspondente.

A competición contará con trofeos e premios en metálico para o equipo campión, supcampión, e trofeos e distincións para o equipo máximo goleador, equipo menos goleado e tamén para a equipa que demostre máis deportividade. O técnico explica que “aínda que a competición terá un gañador o importante é a experiencia, a relación e a convivencia entre clubs”.

A partir de hoxe mércores e ata o domingo 25 de xuño terá lugar a competición das categorías base e Sénior Feminina no Pavillón Municipal de Chapela en horario de 10:00 h a 22:00 h.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará