Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gael Couñago do CAR clasifícase para o Campionato de España de salto de altura

0e36d7ae-8ad4-4182-b73c-4244fe777904

Gael Couñago (2008) conseguiu clasificarse no Campionato de España na categoría sub 16 de salto de altura despois de gañar a medalla de ouro no Campionato Galego Absoluto ao aire libre celebrado a pasada fin de semana en Santiago de Compostela. Conseguiu unha marca de 1,78, situandoo como o noveno mellor de toda España na categoría sub 16.

Ademais deste logro, o Club de Atletismo de Redondela contou coa presenza de 7 atletas de categorías dende sub16 a sub23 no Campionato mais importante da Comunidade. Nerea, Iván, Alexandre, Andrés, Gael, Guilherme e Hugo pelexaron por conseguir bos resultados, destacando a Iván Lago Fontán que obtivo a medalla de bronce en salto de altura na categoría sub23.

O Campionato de  España celébrase na localidade alacantina da Nucía do 24 ao 25 de xuño. Couñago competirá o domingo 25  ás 10:20 da mañá e retransmítese en directo a través da plataforma A liga Sports TV.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará