A persoa afortunada recibirá 41.773,63 euros. A combinación gañadora corresponde ao sorteo da Bonoloto deste martes e está formada polos números 1,6, 13, 28, 40 e 46, o número complementario é o 5 e o reintegro o 8. Non houbo acertantes de primeira categoría, é dicir, con seis acertos, pero sí hai tres premiados correspondentes á segunda categoría (5 acertos máis reintegro), un deles selado nesta administración de Redondela na rúa Ribeira.
Dende Cocó amosan a súa satisfacción pola entrega dun novo premio que ven sumarse aos numerosos xa entregados dende esta administración, primeiro cando se atopaba na praza da Constitución e xa actualmente dende o seu novo local na rúa Ribeira.
Neste sorteo da Bonoloto, foron tan só tres os boletos acertantes desta Segunda Categoría, cada un dos cales levará un montante que ascende a 41.773,63 euros. Dúas das participacións gañadoras validáronse en Galicia, unha na administración de Redondela e outra en Compostela.