A Asociación Cultural de Chapela celebra o festival de fin de curso no apeadeiro da vía verde de Chapela o sábado ás 19:00 horas. Os grupos de Pandeiretas da Asociación “Semente Nova”, e o grupo de Zumba serán os encargados de poñer a parte musical e baile desta xornada. Para os mais pequenos o festival conta coa actuación do “Paiaso Popín palomero”.
O festival conta tamén cun mercado solidario onde se poñerán á venda artigos realizados e doados por alumnado dos cursos de manualidades e costura que imparte a asociación. Toda a recadación irá destinada ao banco de alimentos de Cáritas de Redondela.