Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES Chapela celebra con éxito a I Gala de premios de Teatro Radiofónico

IMG_20230620_181157

A I Gala de Teatro Radiofónico foi organizada polo alumnado de 1º e 3º da ESO do IES Chapela en colaboración cos profesores involucrados na materia “Proxecto Competencial”. Os estudantes elaboraron un total de 20 obras de teatro radiofónico, que están dispoñibles na páxina web do IES de Chapela e tamén serán difundidas pola Radio Municipal de Redondela.

Ao longo deste ano académico, o alumnado organizado en pequenos grupos, elaborou un total de vinte obras de teatro radiofónico, que optaron os premios da gala final. Os galardóns, diferenciados na categoría de 1º e 3º da ESO concedíanse as obras que destacaban por orixinalidade, valores, guión, narrativa e interpretación e estaban repartidos da seguinte forma: premio valores, premio ao guión máis ao orixinal, á obra de maior calidade lingüística, ao mellor guión, á mellor interpretación protagonista, á mellor interpretación secundaria, á mellor interpretación narradora e, por último, o premio ás tres mellores obras.

O acto tivo unha duración aproximada dunha hora e media e dende a directiva do IES Chapela explican que “non cesaron os nervios, as caras de emoción e sorpresa, os aplausos e as ovacións ás persoas e aos grupos premiados”. Ademais informan que despois do éxito do evento o máis seguro e que  repitan a gala o ano que vén.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará