Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa dos Fachos volve alumear a Peneda

Festa-dos-Fachos-01

Foto: Turismo Redondela

“Esconxurar todos os males do inverno para entrar no novo ciclo purificados” é o que ano tras anos fan os participantes na Festa dos Fachos, unha romaría que este sábado volverá alumar cunha serpe de luz e lume un monte que comparten Redondela e Soutomaior.  Está previsto que ao redor de medio milleiro de persoas participen desta cita que celebra xa a súa XXVI edición.

Unha romaría para todos os públicos que a partir das once da noite deste sábado volverá ascender dende o pé do monte –onde se poderán adquirir os fachos a un prezo de 6 euros- ata chegar ao cumio, onde se fará a tradicional fogueira acompañada de queimada e rosquillas, que se repartirán entre os asistentes.

Noé Massó, Druída e organizador

Este ano o pregoeiro será o cantante, acordeonista, escritor e actor Xurxo Souto, dos diplomáticos de Monte Alto, que achegará un texto reivindicativo como xa é habitual nesta cita onde non faltan as referencias ao medio ambiente e ao coidado dos espazos naturais.

A continuación o druída Noé Massó invocará o seu esconxuro da queimada para a purificación das mentes e dos corpos, celebrando o lume como o mellor milagre do mundo.

Unha cita que aglutina ademais na súa organización aos dous concellos e asociacións de ambos os dous municipios: Asociación Cultural Alén Nós, asociación veciñal Pozo Vello, e as Comunidades de montes de Arcade de Riba e o Viso.

Unha celebración que se recuperou no ano 1997 e que, dende esa data, tan só faltou a súa cita pro mor da pandemia e tamén noutra edición debido as condicións de seca que obrigaron a suspender calquera actividades vencellada co lume. Este anos si acoden puntuais para dar a benvida e purificar as almas e os corpos dos que participan.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará