O PP ven de designar a Marta Fernández-Tapias, Sito Almuiña e Sandra Bastos deputados provinciais do partido xudicial de Vigo. A edil de Redondela compartirá escano con Paula Bouzós, voceira dos populares en Gondomar. Tamén será deputada, pero neste caso na oposición, a alcaldesa Digna Rivas
O PP vén de completar o goberno provincial que subtituirá na Deputación ao actula equipo de Carmela Silva. Así, o popular Luís López será o novo presidente do organismo provincial e estará acompañados polos vicepresidentes Marta Fernández-Tapias, que se ocupará de Vigo e da súa zona de influencia, e Rafa Domínguez. Polo partido xudicial de Vigo serán deputados o alcalde de Baiona, Sito Almuiña, e a concelleira de Redondela, Sandra Bastos, tras ser ratificados esta mañá cos votos dos concelleiros populares na xunta electoral de zona. No caso de Bastos, o escano será compartido con Paula Bouzós, de Gondomar, que asumirá a acta os últimos dous anos de mandato.
Segundo explicou López, o PP conta cun gran equipo, de xente moi preparada, coñecedora da provincia e con ampla traxectoria para xestionar a Deputación de Pontevedra con estabilidade e sentidiño, para que volva a ser unha institución provincial eficaz para todos os concellos e cidadáns desta provincia.De feito, este é un dos eixos do futuro goberno provincial: gobernar para todos os concellos, para os 61, sen sectarismos, porque todos son igual de importantes e unha cuestión na que a Deputación debe mellorar con respecto aos últimos tempos.
Así, ademais de Luis López, Marta Fernández-Tapias, Sito Almuiña e Sandra Bastos, tamén formarán o Goberno provincial Rafa Domínguez, Jorge Cubela, María Ramallo e Isabel Couselo, polo partido xudicial de Pontevedra; Alejandro Lorenzo e Roberto Carrero, polo de Tui; Nava Castro, por Ponteareas; Javier Tourís e Marcos Guisasola, polo partido xudicial de Cambados; e José López Campos, polo da Estrada.
Digna Rivas, deputada na oposición
Tamén o PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra determinou quen serán os cargos políticos que serán nomeados diputados provinciais, esta lexislatura na oposición tras perder a maioría absoluta que sumaban co BNG.
En total, o PSOE conta con nove deputados, sete por Vigo, un por Pontevedra e outro por Cambados. O grupo provincial estará formado por Carlos Font, Ana Mejías, Ana Laura Iglesias, Nuria Rodríguez e Gorka Gómez, concelleiros de Vigo, Carlos Gómez exalcalde de Baiona e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.