Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pecha en Redondela “Habitarme”, un espectáculo de danza e teatro promovido pola Deputación

habitarme

O último pase da peza, interpretada por persoas con diversidade funcional, terá lugar  o domingo,  ás 19.00 horas no Auditorio Multiusos da Xunqueira en Redondela

O ciclo “HabitarMe”, que este mes de xuño están a promover a Deputación e a Fundación Igualarte en concellos da provincia, chega ao seu fin este domingo, 25 de xuño, en Redondela. O último pase da peza, interpretada por persoas da entidade que integra Al Lío, a compañía teatral ao abeiro da fundación, terán lugar o sábado ás 19.00 horas no Auditorio Multiusos da Xunqueira en Redondela. A entrada é libre ata completar o aforo.

Al Lío é unha compañía de teatro, danza e expresión corporal que cuestiona a relación entre o corpo e a mente a través de historias da vida cotiá dende unha perspectiva feminista. Neste proxecto as súas integrantes interpretan “HabitarMe”, unha peza de danza-teatro que trata sobre mulleres diversas, ben habitadas,que fan, que cuestionan, que están incómodas, que optan por moverse da seguridade do preestablecido porque descobren que hai outras formas que as definen. A obra fala da dialéctica do non parar, non pensar, non sentir e de súpeto un crack, unha pausa, un alento máis longo do habitual, onde nacen as ganas.Dirixida por María Romano, a peza será interpretada por Helena Cuber, Eva García, Vanesa Lea e Carmen Gómez.

Amais de Gondomar e Redondela, o ciclo percorreu ao longo deste mes de xuño os concellos de Bueu, Cambados e Salceda de Caselas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará