Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

María Castro dimite como concelleira por “discrepancias irreconciliables coa alcaldesa Digna Rivas”

maria

Crise de goberno en Redondela practicamente antes de comezar o novo mandato. A xa ex-edil presentou a súa dimisión como concelleira “tras meses de desencontros coa alcaldía”. O último enfrontamento xurdiu no reparto de responsabilidades do novo goberno. Castro lamenta dar este paso “pola xente que confiou en min” pero entende que non tivo outra saída “tras a deriva que tomou a alcaldía e por sentirme completamente illada no novo goberno”.

A que fora unha das concelleiras con máis peso no anterior executivo de Digna Rivas, e edil María Castro, responsable de Concellerías tan relevantes como Economía e Facenda, Urbanismo e Vivenda así como Emprego e Turismo presentou xa a súa dimisión e reincorporouse ao seu traballo de funcionaria no Concello de Gondomar.

“Síntoo moito pola xente que ten confiado en min, pero chegada esta situación, con discrepancias completamente irreconciliables con Digna Rivas e tras meses de desencontros continuos, a única saída era presentar a miña dimisión”.

Abandona así un goberno no que se sentía illada “sen os compañeiros que si estaban no anterior mandato e que Rivas relegou na lista”, un goberno que, segundo afirma, “derivou nunha ditadura”. Puntualiza que a falta de entendemento agrávase a raíz da ruptura do bipartito no 2022 e insiste en que “a primeira metade do anterior mandato foi de traballo en equipo con boa sintonía coa alcaldesa, pero a partir desa data a situación comezou a derivar ata chegar a este momento no que non hai comunicación e a alcaldesa traballa a porta pechada”.

O desencontro definitivo chega co reparto de áreas “retíranme as responsabilidades de Urbanismo, cando é a Concellería na que levo traballando os últimos catro anos e ofrécenme Patrimonio, Turismo e Interior”.

Castro asegura que acepta ditas áreas pero que entende que pode reincorporarse ao seu traballo e xestionar estas responsabilidades en horario de tarde e nas fins de semana. Ante a negativa da alcaldesa a esta petición decide abandonar o goberno e a súa acta de concelleira tan só un mes despois dende a súa reelección o pasado 28 de Maio.

“Digna Rivas está sendo moi mal asesorada por xente externa ao goberno e chegado este punto, onde non comparto nin a súa xestión nin a súa forma de gobernar, o mellor é retirarme” conclúe María Castro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará