Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un mural multicolor para celebrar o Día do Orgullo LGTBIQ+

mural

A inauguración do mural formou parte do acto institucional celebrado na senda verde de Chapela, lugar no que a alcaldesa Digna Rivas insistiu na necesidade de actuar “contra a homofobia e a intolerancia que están volvendo a rexurdir coa volta da ultradereita ao poder”. O mural representa o significado arco da vella que simboliza a diversidade e o orgullo da comunidade LGTB e que foi obra da artista plástica Paula Amoedo quen traballou conxuntamente coas redondelás Noa, Noelia, Noela e Claudia.

Un acto que serviu para “expresar o sentir da cidadanía en apoio de aqueles e aquelas que, por motivos de identidade ou da súa orientación sexual, son vítimas de persecución, acoso e mesmo violencia” afirmou Rivas quen engadiu que “Redondela foi sempre referente en defensa dos valores individuais. Por ese motivo queremos seguir avanzando cara unha sociedade máis igualitaria e o novo mural da Senda Verde é un reflexo disto”.

O manifesto foi escrito polo portavoz da asociación IRISAR de Redondela e no mesmo facíase fincapé nos cambios que están acontecendo na sociedade xa que, “despois de 54 anos de loita, temos que voltar ás rúas para loitar contra a ideoloxía de partidos extremistas de dereitas que quere rematar coa liberdade e coa igualdade, poñendo no punto de mira os nosos dereitos. Dereitos acadados dende ás rúas ata ás institucións, dende os parlamentos ata os boletíns oficiais, onde se cambia a vida da xente. Dereitos que estes partidos queren revocar ou negarnos, como a Lei do matrimonio igualitario ou a adopción monoparental”.

No manifesto púxose en valor as iniciativas do municipio en favor dos dereitos LGTBIQ+ e como dato identificativo sinalouse a Redondela como “unha vila que apoia ás asociacións e colectivos minoritarios e que conta con bancos LGTBIQ+ nas parroquias, e con bancos coa bandeira trans en colexios e institutos. Ademais dunha bandeira grande pintada no lateral do multiusos, graffitis coas cores LGTBIQ+ en Chapela e Redondela”.

Ademais da lectura do manifesto, inaugurouse a exposición REFERENTES que ten o obxectivo de defender os dereitos da infancia LGTBIQ+ a non sufrir insultos nin agresións, o dereito de ter REFERENTES como os da exposición, cos que poden sentirse identificados e identificadas”, conclúe a rexedora local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará