Os sindicatos reivindican “un taller de Redondela con mais persoal e máis cursos de formación para poder facer con mais calidade o mantemento preventivo e correctivo, para que RENFE poda dar un servizo público de calidade, tal e como a sociedade estalle a requirir, demandando por elo un aumento das prazas ofertadas nas convocatorias de emprego público que RENFE está a publicar”. Repetirán a concentración o vindeiro mércores día 5 de xullo.
Os traballadores e traballadoras da Base de Mantemento de trens en Redondela da empresa RENFE-Fabricación e Mantemento, protestan pola falta de persoas para facer “en condicións óptimas os procedementos de mantemento dos vehículos ferroviarios asignados a este centro de mantemento”, o mais importante de Galiza.
Con esta acción queren chamar a atención para que a empresa tome nota e aumente o número de persoal operativo no taller, que permita cumplir cos protocolos de mantemento establecidos con calidade, nun escenario onde a sociedade está a reclamar un transporte ferroviario fiable y de calidade e onde os vehículos ferroviarios están a facer mais kilómetros que nunca, tendo que estar dispoñibles na sua totalidade pra dar servizo e cubrir a alta demanda que se está a producir no ferrocarril galego.
Reclaman tamén que se mellore a xestión de repostos, xa que en ocasións o retraso no suministro de determinados elementos está supoñendo aumentar os tempos de mantemento dos trens, repercutindo na calidade do mantemento e na dispoñibilidade de material.
Por último reclaman que se impartan mais cursos formativos a todo o persoal operativo do taller de Redondela, para garantir a calidade nos procesos de mantemento.