Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Iria Vilaboa substituirá a María Castro tras dimitir como concelleira

iria vialboa

Maremoto político coa dimisión de María Castro como concelleira. Unha información que adiantabamos onte dende estes micrófonos nos que a xa ex edil explicaba a súa dimisión por “discrepancias irreconciliables coa alcaldesa Digna Rivas”. A primeira consecuencia foi a decisión do goberno local de pospoñer o pleno de organización que se ía celebrar o vindeiro martes 4 de xullo. Un pleno onde se debían aprobar o reparto de áreas que agora Rivas terá que reorganizar ante a saída de Castro e a entrada da seguinte na lista, a que xa fora concelleira de Cultura durante o anterior mandato Iria Vilaboa.

Curiosamente Vilaboa xa entrara no Concello no ano 2021 pola dimisión dun edil socialista. Agora repítese a situacións e a concelleira, que ía de número 8 na lista do PSOE e que quedara fora da corporación ao conseguir este partido tan só sete representantes nas pasadas eleccións municipais, será a substituta de Castro na bancada socialista.

Unha crise de goberno en Redondela practicamente antes de comezar o novo mandato. Lembramos que Castro presentou a súa dimisión como concelleira “tras meses de desencontros coa alcaldía”. O último enfrontamento xurdiu no reparto de responsabilidades no novo goberno tras retirarlle rivas as áreas coas que contara nos catro anos anteriores,  Concellerías tan relevantes como Economía e Facenda, Urbanismo e Vivenda así como emprego e Turismo.

O pleno no que se ía facer oficial ese reparto estaba convocado para o vindeiro martes día 4, pero finalmente será adiado “ante a necesidade de facer unha reorganización no goberno”. Será nesa sesión –aínda por convocar- cando se coñezan reparto de áreas, retribucións e cargos de confianza.

Mentres continúan tamén as negociacións entre PSOE e BNG, sen que a formación nacionalistas confirme ou descarte a súa entrada no goberno.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará