O Club redondelán segue a ultimar o cadro de xogadoras así como o equipo técnico que dirixirá o equipo que milita na División de Honra Prata feminina. Confirman así que Verónica Posada será la encargada de dirixir este equipo un ano máis “Afróntoo con moitas gañas de traballar, de que as veteranas acheguen a súa experiencia ás máis novas” explica a adestradora.
De cara a vindeira tempada engade que “imos saír cunhas xogadoras moi novas e con moita progresión, polo que creo que o equipo ten moita marxe de mellora e iso é algo que me ilusiona ao tempo que me motiva”.