Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Yango, Galia e Flecha amosan aos cativos da escola infantil de Cesantes o labor da unidade canina da Policia Nacional

cans cesantes

Cans expertos en distintas materias pasaron pola escola infantil de Cesantes para amosar a labor que desenvolven na Unidade de Guías Caninos da Policía Nacional. A exhibición contou con Yango, un pastor alemán especializado na procura de armas e explosivos, “Galia”, pastor belga malinois, cuxa tarefa principal consiste en buscar billetes e “Flecha”, un braco experto en drogas e explosivos.

A unidade de Guías Caninos foi creada en 1945, con sedes en distintas cidades españolas, entre elas na Coruña, destacando entre as súas tarefas a procura e rescate de persoas e restos humanos, localización de explosivos, drogas, detección de billetes de curso legal, acelerantes do lume, acompañamento e defensa.

Os pequenos puideron gozar da presenza dos cans, moi atentos ás explicacións dos policías sobre o proceso de adestramento, respondendo as curiosidades destes nenos, que se mostraron en todo momento  expectantes e moi atentos, a pesar da súa curta idade.

Os aplausos dos pequenos e as súas educadoras foron no momento que estes cans policías comezaron a mostrar o seu traballo, en concreto “Galia”, un pastor belga dun ano que se encargou de buscar billetes que previamente se esconderon no patio do colexio, recibindo por cada acerto a súa recompensa e un forte aplauso de todos os nenos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará