Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía desmonta unha “quedada” ilegal de vehículos en Chapela

chapela campo futbol

Axentes da policía local en colaboración coa policía nacional interviñan na madrugada do sábado en Chapela para desmontar unha quedada que condutores que se deran cita para realizar carreiras e exhibición ilegais. Os feitos aconteceron arredor das 02:30 horas da madrugada deste sábado cando varias chamadas alertaban na Policía Policia Local de Redondela  de vehículos circulando a gran velocidade pola zona do campo de Fútbol da parroquia.

Unha vez no lugar os axentes observan un vehículo realizando trompos ante un grupo dunhas 20 persoas pondo en risco a integridade física das mesmas. Os axentes procederon a sancionar este condutor por condución temeraria e procedeuse tamén a sancionar outros dous individuos por circular coas rodas en mal estado.

Dende a policía local agradecen a colaboración cidadá para poder atallar a comisión deste feito que pon en risco a veciñanza.

Sancións no Viso

Por outra banda, informan da realización dun dispositivo estático de control de persoas e vehículos realizado na zona de O Viso, onde se procedeu a sancionar dous varóns por distintas infraccións, un deles  por falta de respecto aos axentes da autoridade e a un segundo por portar unha arma branca na porta do condutor, a cal tiña fácil acceso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará