Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bronce para Chapela-Wofco na Bandeira do Grove

BandeiraGroveChapela

Ares impúxose onte con superioridade na XII Bandeira Virxe do Carme disputada en augas mecas. Bueu e Chapela completaron o podio mentres que Cesantes-Rodavigo rematou en oitava posición.

A traiñeira do Club de Remo de Ares acadaron unha gran vitoria no Grove, na XII Bandeira Virxe do Carme, da división A de a liga Galega de Traiñeiras e lideran a xeral con 44 puntos. Os outros tres equipos que encabezan a clasificación, entre eles o Chapela-Wofco, non llo puxeron doado. Gañou Ares, pero ata a metade da regata Mar de Bueu-Simei igualábaos na cabeza, mentres que o Chapela-Wofco mantívose firme na terceira praza e deu a batalla ata o final. Tirán-Pereira foi o cuarto protagonista, pero quedou descolgado na metade. Os catro barcos volveron fixar os catro mellores tempos e seguen liderando a clasificación xeral. Agora é Ares o primeiro con 44 puntos, segundo é Bueu-Simei con 41; terceiro Tirán-Pereira con 40 e cuarto Chapela-Wofco tamén con 40 puntos. A igualdade na categoría é máxima e a emoción nesta LGT-B está servida.

Na bandeira disputada onte Cesantes-Rodavigo rematou en oitava posición, que gañou a primeira das tres series nun espectacular duelo con Mecos e Poboa.

Chapela, capital galega do remo

A próxima fin de semana Chapela vivirá unha auténtica festa do remo, coa celebración de tres regatas na xornada do sábado. As augas de Arealonga acollerán a XXXVIII Bandeira Concello de Redondela de Traiñeiras da LGT-A, a primeira Bandeira Chapela-Wofco da LGT-B e VIII Bandeira Feminina Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará