Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dimite a número tres do PP, Mª José Barciela por “motivos persoais”

ma josé

A que fora concelleira de Parques e Xardíns e limpeza viaria no primeiro mandato de Javier Bas e posteriormente responsable tamén de Vías e obra,s presentou xa a súa renuncia a acta de concelleira. Alega a edil que tras doce anos na Corporación, os catro últimos na oposición, precisa retirarse da primeira liña para “descansar e atender a súa familia” e insiste en que en ningún caso se debe a discrepancias co seu partido “eu son militante do PP e vouno seguir sendo”.

Unha nova dimisión na corporación municipal logo do maremoto que supuxo a renuncia a pasada semana da socialista María Castro. Menos polémica é a baixa que se fará efectiva no próximo pleno municipal (previsiblemente este xoves) de Mª José Barciela quen, tras doce anos como concelleira -8 no grupo de goberno e os 4 últimos na oposición- presentou xa a súa dimisión. Explica que tras a decepción que supuxo non lograr a alcaldía “eu estaba confianza de que iamos gobernar” sopesou moi detidamente a súa continuidade na corporación. Finalmente decidiu abandonar “porque non me vexo con forzas de exercer a labor de fiscalización do goberno ao tempo que as responsabilidades como militante visible do PP”.

Entende que é tempo de “pasar páxina, para dedicarlle máis atención á familia” e queda coa “experiencia tan gratificante que foi o meu paso polo concello, sobre todo con obras que puiden poñer en marcha cando gobernamos como a obra da fervenza da Freixa en Reboreda ou o paseo do Maceiras”.

A renuncia de Barciela suporá a entrada na corporación da número once da lista do PP, ocupado por Vanesa González Castro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará