Un grupo de bañistas que se atopaban no areal dende terra e dúas piraguas dende o mar acudiron ao rescate das tres persoas, unha muller e dous menores, un neno de 11 anos e unha nena de 10, que non podían regresar a praia tras seren arrastrados pola marea na zona da Punta. Afortunadamente todo quedou nun susto e, en cuestión de minutos, as tres persoas puideron ser rescatadas.
Os feitos tiveron lugar preto das dúas da tarde deste domingo, cando a marea estaba xa alta e subindo (a preamar estaba prevista para as 16:00 horas). Os tres bañistas estaban na zona da Punta cando os dous menores foron sorprendidos polas fortes correntes que conflúen na zona. A adulta tentou socorrelos pero, ao decatarse de que era incapaz de sacalos da auga e que elas mesma estaba a ser arrastrada pola corrente mar adentro, decidiu pedir auxilio. Alertados polos berros e as chamadas de socorro un grupo de mozos que se atopaban na area botáronse ao mar collendo a nena e auxiliando a muller ao tempo que unha das piraguas que tamén se achegara dende o mar colleu ao neno e o achegou a area.
Un novo incidente que se sucede periodicamente nesta zona da Praia de Cesantes nun punto especialmente perigoso con mareas altas, xa que alí conflúen correntes que arrastran aos nadadores.