Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación concede unha subvención a Pazos para a retirada de simboloxía franquista dos seus edificios

lavadeiro moscoso

O Concello recibirá unha subvención que ascende a 931,70€ e que se investirá en suprimir os símbolos existentes no lavadoiro do campo da feira de Moscoso. Outros concellos beneficiados con esta axuda son Agolada, Bueu, Gondomar, Ponte Caldelas e Vilaboa que eliminarán placas en rúas, lavadoiros e escolas.

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e do departamento de Memoria Histórica provincial, axudará a seis concellos da provincia (Agolada, Bueu, Gondomar, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas e Vilaboa) a retirar simboloxía franquista de diferentes construción no seu espazo público.

Esta liña de axudas busca axudar aos gobernos locais a eliminar vestixios contrarios á memoria democrática que estean situados en edificios de carácter público municipal, unha obriga marcada por lei. As achegas da Deputación poden destinarse a obras de retirada de escudos, insignias e placas das rúas con nomes relacionados co franquismo; retirada de estatuas, mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva ou de calquera pegada de eloxio; ou a rehabilitacións e restauracións dos elementos dos bens inmobles de titularidade municipal directamente afectados coa retirada da simboloxía franquista.

No caso do Concello de Pazos retiraranse símbolos preconstitucionais situados no lavadoiro do campo da feira de Moscoso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará