Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O KiteFest reunirá esta fin de semana en Cesantes un centenar de riders

kite

Foto: TMKite Club

VI edición da KiteFest Cesantes Trofeo Xunta de Galicia, unha cita ineludible para todos os aficionados a este deporte que reúne cada ano preto dun cento de riders procedentes de toda a xeografía galega pero tamén doutros puntos do estado e de países como Portugal ou Francia nas augas da enseada.

Así o explicaron na presentación do evento o presidente do TMKiteClub de Cesantes, Ricardo González, a alcaldesa de Redondela Digna Rivas, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo Ana Ortiz e a vicepresidenta da Real Federación Galega de Vela, Viviana García.

A cita, que como principal novidade amplíase a xornada do venres, contará con catro categorías de Kitesurf e Wingfoil. “Sumamos un día máis de evento con todo o que iso leva e esperamos que a xente o goce, que coñezan Cesantes e a nosa enseada os que veñan por primeira vez e sobre todo que podamos seguir impulsando tanto o noso deporte como o noso club e o anuncio de luxo que temos aquí”, explicou Ricardo González.

A xornada do venres estará destinada á formalización de inscricións, proba de material de test das marcas colaboradoras e a disputa dunha proba non competitiva que servirá de quecemento de cara á primeira xornada de regatas. Xa o sábado botaranse á auga case un centenar de riders divididos nas categorías Kite Foil, Twintip, Surf, Tiki -que compiten con táboas artesanais de madeira e estréanse nesta edición como clase convidada- e Wingfoil. Das probas que se disputen ese día sairán os clasificados que afrontarán o domingo a Medal Race, proba de dobre puntuación da que sairán os gañadores do VIN KiteFest Cesantes Trofeo Xunta de Galicia.

O evento finalizará o domingo pola tarde coa competición de Freestyle e Big Air, aberta este ano a todos os participantes e que sen dúbida suporá un broche final de luxo cun espectáculo único de saltos e manobras que poderá gozar o público desde a praia.

A cita recibirá este ano a participantes procedentes de toda a xeografía galega, pero tamén de Valencia, Tarifa, Cataluña, País Vasco, Portugal e Francia, o que amosa o carácter internacional do evento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará