Arrancan as actividades de verán en Cruz Vermella Redondela cun programa de obradoiros especiais dirixidos aos diferentes colectivos cos que a traballan durante todo o ano e que comezan o vindeiro luns 10 de xullo. Ludotecas para os máis cativos, o programa Pineo para adolescentes e propostas orientadas a público adulto forman parte do programa que se desenvolverá nestes meses estivais. Información e inscricións no correo redondela@cruzroja.es e no teléfono 986325600.
Desde a área de Cruz Vermella Xuventude organizan dúas actividades principais de carácter semanal: a “Ludovermellas”, orientadas a nenos de primaria, os martes de 10:00 a 11:30h e PINEO, talleres ludicoeducativos con rapazada de secundaria os venres de 11:30 a 13:00h, centradas principalmente en educación ambiental, xogos populares e manualidades “o obxectivo é que se divirtan ao tempo que se fomenta a transmisión de valores positivos entre os menores”.
Dentro do programa para persoas maiores, con financiamento da Xunta de Galicia, haberá cinco sesións personalizadas para o manexo do teléfono móbil dentro dunha proposta que leva por nome “Dixitalízate” e que se impartirá tanto en Redondela como en Chapela.
Os maiores poderán tamén participar nos “Paseos Saudables” saídas pona contorna os martes de 10:00 a 11:30h e os xoves de 9:30 a 11:00h, que favorecen a socialización dos participantes.
Está previsto tamén impartir diferentes sesións en torno á saúde a cargo de distintos profesionais e abertas ao público en xeral nas que se falará de “Alimentación é Saúde” e “Autocoidado Emocional” entre outros argumentos.