A Fundación Formavigo presenta unha nova oferta formativa para este verán, un obradoiro de limpeza de fincas co uso de desbrozadora de disco e fío para persoas desempregadas ou en situación de dificultade. A actividades desenvolverase na horta comunicaría de Redondela na que participan sete persoas
O obradoiro realizarase na vindeira semana o mércores 12 e xoves 13 de Xullo en horario de 09:30 a 13:00 horas, na horta comunitaria situada na rúa do Muro, 22 (detrás de Mobles Domínguez). Estará composto por dúas partes: unha primeira parte teórica e unha segunda parte práctica. Na parte teórica explicarase as partes da maquinaria que se vai a utilizar e coñecemento das diferentes plantas que se poden atopar ao momento da limpeza. No seguinte día, na parte práctica, aprenderase a usar a maquinaria, cambios de cabezais (disco e fío) e ferramentas para a actividade que se vai a desenvolver.
Este obradoiro conta con 10 prazas e cunha beca de 5 euros/día para as persoas desempregas ou en situación de dificultade. As persoas asistentes deberán acudir con roupa cómoda e que cubra todo o corpo, calzado cómodo e guantes de xardinería. Á finalización do obradoiro, entregarase un diploma da realización do curso.
As inscricións poderán facerse a través do teléfono 600 060 146, o luns de 09:00 a 14:00 horas no Centro Sociocomunitario de Redondela (Paseo da Xunqueira, 27), no correo electrónico formacion@fundacionformavigo.com ou na páxina web.
Este obradoiro forma parte do Programa Vivir co Rural financiado pola Xunta de Galicia dentro das liñas de financiamento dos fondos do 0,7 % d IRPF dedicado a programas sociais, proxecto que realizamos coa Asociación Boa Vida de Pontevedra, colaboradora desta formación, dentro das actividades de formación práctica no mundo rural como xeito para xerar ingresos.