Hoxe é Xoves 10 de Abril de 2025

Os traballadores do taller de Renfe en Redondela volven manifestarse para reclamar máis persoal

concentración renfe

Traballadores e traballadoras da Base de Mantemento de trens en Redondela da empresa RENFE-Fabricación e Mantemento, volveron concentrarse este mércores en protesta pola falta de operarios suficiente para “desenvolver en condicións óptimas os procedementos de mantemento dos vehículos ferroviarios asignados a este centro”.

Esta falta de cadro de persoal está a repercutir no mantemento dos trens de Media Distancia que diariamente circulan polas vías galegas e que dan servizo aos milleiros de persoas que utilizan o tren para os seus desprazamentos diarios. De seguir así esta situación advirten “os trens van sufrir avarías que van producir incidencias nos horarios de circulación, repercutindo negativamente nos compromisos de puntualidade que RENFE establece coas usuarias e usuarios do ferrocarril galego”.

O persoal do taller de Redondela está a valorar a convocatoria de folga no caso de que a empresa non incorpore persoal de RENFE a estas instalacións ferroviarias. Dende CGT como primeira acción, imos remitir un escrito a empresa requiríndolle un aumento de cadro de persoal e denunciando as externalizacións de cargas de traballo cara a outras empresas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: